
Presentación do programa do Congreso
Expourense acollía esta mañá unha nova reunión do comité asesor do I Congreso Ibérico de turismo deportivo, que se celebrará en Expourense e que terá lugar os días 14 e 15 de novembro. Trátase dun congreso dirixido a todos os axentes dos sistemas turístico e deportivo e é unha gran oportunidade para coñecer diferentes casos de éxito, e tamén pode servir de inspiración no desenvolvemento do turismo deportivo.
Este congreso enmárcase na terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia. Nesta reunión foi presentado o plano de feira desta edición que ten como novidade o feito de contar coa pista de atletismo instalada. Tamén se presentou o avance do programa de actividades da feira que pode consultarse xa nesta ligazón https://www.sporturgalicia.com/actividades.php
Destacar que un ano máis a feira será o punto oficial de entrega de dorsais da Carreira Popular de San Martiño que se celebra o domingo 17 de novembro.
Nesta reunión participaronn unha quincena de expertos en turismo deportivo entre os que se atopaban representantes das distintas administracións, federacións e empresas do sector. Estiveron presentes a directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o asesor da Secretaría Xeral para ou Deporte, Javier Rico; a concelleira de Turismo e Termalismo de Ourense, Flora Moura; o asesor de Proxectos Estratéxicos da Deputación Provincial de Ourense e presidente do Colexio Galego de Árbitros, Bernardino González; a vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Esther de Blas; o representantes do Grupo Caldaria, Rafael Luaña; o xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o tesoureiro da Federación Galega de Caza, José Castro; o presidente da Federación Galega de Deportes de Inverno, Miguel Barreto; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; o CEO de Goodlife Consultores, Jacobo Suarez e o xerente do Consello Municipal de Deportes de Ourense, Mario González. A reunión estivo coordinada pola directora adxunta de Expourense, Emma González.