Silvia Mondelo López

Silvia-Mondelo-López
Tee Travel
Membro de Camiño en bici de Tee Travel, experta no Camiño de Santiago
Viaxes de sendeirismo e cicloturismo. O Camiño de Santiago
Diplomada en Turismo e Máster en Dirección e Planificación do turismo pola Universidade de A Coruña. Amante de todas as tipoloxías de turismo, dende 2014 forma parte da marca Caminoenbici, dentro da empresa Tee Travel. Dende ese momento, é experta na producción, comercialización, venta e operación de interesantes viaxes en bicicleta no Camiño de Santiago.

Dende 2001 Tee Travel, axencia de viaxes maiorista-minorista, foi medrando ate consolidarse  como unha das empresas punteiras dentro do sector turístico galego no que se refire a  viaxes culturais,  deportivos  e gastronómicos. Especializados na comercialización de viaxes de sendeirismo e cicloturismo en España e Europa, a empresa conta con 40 profesionais repartidos entre as súas tres oficinas emprazadas en Vilagarcía de Arousa, Santiago e Sarria. O Camiño de Santiago é un dos seus produtos máis exitosos. Ofrecen todo tipo de viaxes organizados ou personalizados, de maneira individual ou en grupo, onde a súa clientela so se ten que preocupar de desfrutar da aventura que supón percorrer esta ruta milenaria.  Coa marca Caminoenbici esta empresa comercializa interesantes viaxes en bicicleta.