Romina Fernández Pena

Concello de Sanxenxo
Coordinadora de turismo en Concello de Sanxenxo
Eventos náuticos internacionais en Galicia o caso de Sanxenxo: Concello de Sanxenxo e Real Club Náutico de Sanxenxo.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con dous Másters en Turismo, actualmente cursando estudos de doutoramento. Con experiencia profesional no sector público e privado, dende 2008 coordina o departamento de Turismo no Concello de Sanxenxo, sendo responsable da xestión de equipos e proxectos, promoción e estratexia turística, creación e lanzamento de novos produtos e organización de eventos. É ademais Secretaria do Consello de Administración da empresa municipal Turismo de Sanxenxo S.L., xestora do proxecto de calidade turística SICTED dependente da Secretaría de Estado de Turismo e membro do Comité Interdestinos a nivel estatal, así como responsable da implantación da Q de Calidade no Concello de Sanxenxo.

Poucos lugares da costa española reúnen as condicións que se dan en Sanxenxo para a práctica dos deportes náuticos. Con dous portos deportivos e dous clubes náuticos e unha temperatura media anual de 15o C, 36 km de costa, así como a variedade de ventos e facilidades que ofrecen as rías de Arousa e Pontevedra para navegar todo o ano, fan de Sanxenxo un destino óptimo para realizar calquiera actividade relacionada co mar.

 

O Porto Deportivo Juan Carlos I, inaugurado en 2005 coa “Volvo Ocean Race” ten a particularidade de estar xestionado por unha empresa 100% municipal, Nauta Sanxenxo S.L. Conta con 450 puntos de amarre, algún deles con dobre finger e travelift; internet wifi en pantaláns; recollida de todo tipo de residuos; vixlancia 24 horas; acceso restrinxido; zona comercial, equipamentos náuticos e un parking coronado por unha praza de máis de 13.000 m2 (Praza do Mar), onde descansa o Atlante, escultura de 14 toneladas do artista galego de proxección internacional Francisco Leiro.

 

No Porto Deportivo Juan Carlos I atópase o Real Club Náutico de Sanxenxo, entidade privada creada en 1951 e que grazas ao prestixio dos últimos anos como promotor e organizador de eventos deportivos de toda índole, ten feito posible en colaboración co Concello de Sanxenxo, que o noso municipio acolla cada vez máis eventos náuticos de relevancia estatal e internacional, o cal redunda en beneficio da promoción do deporte, do turismo e da economía local.