Pilar García Porto

Deputación Provincial de Lugo
Deputada. Delegada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo.
Rutas cicloturistas na provincia de Lugo.

 

C.V. Pilar García Porto

Pilar García Porto naceu o 17 de febreiro de 1975 en Antas de Ulla.

É técnico especialista en Hostalería e Turismo. Como emprendedora, no ano 2000, recuperou a explotación cunícola que posuía a súa familia en Antas de Ulla, que mantén na actualidade co seu irmán.  No 2008, sumou esforzos con varios socios para poñer en marcha unha empresa de hostalería e asesoramento.

Afiliada ao Partido Socialista dende 2006, é Concelleira e voceira do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla, e Secretaria de Emprendedores e Autónomos da Executiva Provincial dos socialistas de Lugo dende 2012.

García Porto entrou na Corporación Provincial da Deputación no 2011, no segundo mandato progresista na institución luguesa. Durante este tempo, foi responsable da área de Economía, Recadación e Facenda, departamento dende o que se dirixiu a elaboración dos Primeiros Orzamentos Participativos dunha Deputación en España, e que tivo a de Lugo no 2015, así como a redución da débeda económica da institución ata os cero euros. No mandato 2015-2019 foi Deputada de Cultura,  Patrimonio Histórico Artístico e Centrad.

Actualmente é a voceira socialista do Goberno da Deputación de Lugo, a primeira dun executivo provincial nesta institución, e dirixe as áreas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo.