Patricio Sánchez

Patricio Sanchez
Coordinador do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo
Medir o impacto económico: ¿moda ou necesidade?
Doutor en economía pola Universidade de Vigo e Postgraduate Diploma in Marketing and Enterprise Skills polo Galway Institute of Technology (Irlanda). Subdirector do grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network) e coordinador del Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo As súas liñas de investigación céntranse na análise e impacto económico e na planificación estratéxica do deporte

Poucos sectores experimentaron nas últimas décadas un desenvolvemento similar ao deportivo. Cada vez son máis e de maior envergadura os proxectos que se levan a cabo desde a iniciativa pública ou privada vencelladas ao mundo do deporte. Este feito supón unha repercusión económica que pola súa dimensión é preciso cuantificar para ser conscientes da súa relevancia e poder tomar as decisións máis adecuadas.

Nesta liña, xoga un papel chave os modelos de impacto económico. O obxectivo destes modelos consiste en determinar a riqueza xerada nun país ou rexión polo desenvolvemento dunha actividade económica nun período de tempo determinado. Basicamente o que se trata é de cuantificar o fluxo económico convertido en ingresos para a comunidade anfitrioa.

Para o caso dos eventos deportivos, a medida da inxección inicia monetaria identifica catro tipos de impactos xerados polos participantes, os espectadores, as empresas patrocinadoras e colaboradoras e as administracións públicas. Todas elas xeran diferentes impactos económicos que deben ser catalogados segundo a súa natureza. En concreto, cabe falar de tres impactos diferenciados: o directo, o indirecto e o inducido.

Atendendo ao seu resultado final cabe sinalar repercusións en diferentes ámbitos económicos que é preciso cuantificar. Entre os principais efectos atópase o mantemento e a xeración de emprego, a contribución á riqueza do territorio (PIB), a xeración de ingresos públicos ou o incremento de beneficios para as empresas e fogares.

A correcta implantación deste tipo de modelos esixe uns requisitos para garantir que os resultados sexan fiables e reais. Son frecuentes (e así foron estudados) os exemplos de estudos con carencias tan graves que os invalidan de partida.