Pablo López Franco

Ceo de Marmar Outdoor. Director Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura 2021 - Raid Gallaecia
Galicia, sede final do Campionato Mundo de Raid – RWC.

Esta presentación explicará os pasos que seguiu a nosa organización para chegar a converterse na sede da final do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura.

Un proceso de 6 anos, nos cales habemos desenvolta 3 edicións previas dunha das carreiras de expedición máis importantes do mundo.

Desde como foron os nosos comezos, a como se realizaron as pasadas edicións, a repercusión e alcance do evento, e todo o relativo ao traballo organizativo, con todas as cifras tanto de recursos humanos, loxísticos ou materiais para levar a cabo un evento así.

Unha visión xeral, para axudar a facerse unha idea do que será o evento de aventura máis importante de 2021 en todo o mundo.