Nikolas Osinalde Gurruchaga

Nikolas Osinalde
Goitur, Goierri Turismoa, axencia de desenvolvemento da comarca del Goierri (Gipuzkoa)
A natureza e o deporte como eixos do desenvolvemento turístico
Asesor de turismo rural en Bizkaia, Navarra, Extremadura, Cataluña, Francia (rexión de Grenoble), Chile (Illa de Chiloé e Araucanía), Bulgaria e Ecuador (rexión de Ibarra e provincia dos Lagos) a petición dos propios Gobernos e por mediación do Goberno Vasco. Galardoado en 2005 co Premio Euskadi de Turismo polo Goberno Vasco, recoñecemento ao traballo realizado en pro do turismo en Euskadi. Relator en congresos sobre turismo rural, turismo cultural e turismo sustentable.

Como Director de turismo da comarca do Goierri (Goitur), Nikolas apoiou sempre aqueles eventos deportivos que desde o seu punto de vista tiñan un interese turístico, ademais do deportivo. Mostra disto, actualmente na comarca do Goierri celébranse dúas probas deportivas, do ámbito das carreiras de montaña, cunha grande repercusión nacional e internacional: Ehunmilak Ultratrail e Maratón Zegama-Aizkorri.

As dúas probas axudaron a posicionar a comarca, as localidades e os Parques Naturais nos que se celebran a nivel estatal e mundial. Tal repercusión axudou a que en determinadas épocas do ano, parte dos nosos visitantes sexan deportistas que veñen a coñecer o lugar onde corren coas súas familias para coñecer mellor o entorno e a cultura que os envolve e que fan que ambos eventos sexan especiais.

Ambas probas apoiáronse desde a primeira edición como eventos turísticos ademais de eventos deportivos para posicionar non so o noso entorno e natureza, senón a nosa cultura.

Durante varias edicións realizáronse desde Goitur estudos do impacto económico para coñecer a repercusión de ditos eventos na comarca.