Nava Castro Domínguez

Nava Castro
Directora Turismo de Galicia
Novidades normativas na regulación do turismo activo en galicia
Licenciada en Filoloxía Hispánica, Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Productos Turísticos, en Emigración e Retorno, en Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas, Xestión e Dirección de Pemes e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais. Posúe experiencia como deputada no Congreso dos Deputados, no Parlamento de Galicia, concelleira de Servizos Sociais e alcaldesa do Concello de Ponteareas. Responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), en diversas etapas. Directora xeral de Comercio (2009-2012). Dende 2013 directora de Turismo de Galicia.

En Galicia está vixente o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, que regula as actividades de turismo activo en Galicia. Recentemente a Axencia de turismo de Galicia ven de elevar a exposición pública unha proposta de novo decreto de turismo activo que virá a substituír ao anterior.

Así, esta proposta establece, entre outras novidades, unha nova definición da actividade de turismo activo, así como a clarificación do seu ámbito de actuación a todas as empresas que desenvolvan unha actividade de turismo activo no ámbito territorial de Galicia, independentemente do lugar da súa sede social. Tamén se reflicte explicitamente a exclusión do ámbito de aplicación deste decreto as actividades realizadas por diferentes entidades. Modifícase o proceso para a alta dunha empresa no rexistro da Axencia de Turismo de Galicia. Ademais, e para garantir a seguridade das persoas usuarias regúlase a obrigatoria revisión dos equipos e materiais, o establecemento de novos seguros como o de rescate, e tamén dun protocolo de actuación en caso de accidentes. Establécese, así mesmo, un artigo sobre a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural. Tamén, en pro dunha maior seguridade e calidade do servizo, defínense profusamente os requisitos de formación que debe ter o persoal técnico, diferenciando entre a figura do/a coodinador/a e do/a monitor/a.