María Soledad Rey Yañez

Concelleira de Turismo e Comercio. Concello de Viveiro.
Turismo activo-deportivo nunha contorna sa e saudable. Vive Viveiro.

Coa participación do Concello de Viveiro pretendemos dar a coñecer as múltiples posibilidades que o noso municipio ofrece a todas aquelas persoas que queiran descubrir un lugar único, con innumerables recursos, no que poder gozar da práctica de gran cantidade de deportes nunha contorna natural espectacular.

Bañado polo mar Cantábrico e en sector setentrional de Galicia, atópase Viveiro, un municipio con algo máis de 100 quilómetros cadrados e uns 15.000 habitantes, que por poboación é o terceiro concello da provincia de Lugo e o primeiro da comarca da Mariña Lucense, á que pertence

A natureza foi xenerosa con Viveiro e son moitos as súas paraxes naturais, sendo esta circunstancia determinante á hora de ofrecer ao visitantes distintas opcións para a práctica deportiva.

https://www.viveiro.es/