Juanma Murua González

Juanma Murua González
Murua.eu
Consultor e director en Murua.eu. Autor do blog "Economía en chándal".
Turismo deportivo e desenvolvemento territorial
Economista e consultor independente no ámbito da Xestión de Cidades e Territorios, especialista en Políticas Deportivas e de fomento da Actividade Física. No seu traballo como consultor ten dirixido e apoiado o deseño e posta en marcha de diferentes proxectos relacionados co deporte e a xestión das cidades, cidades sustentables e saudables., así como plans de desenvolvemento local apoiados no deporte. Escribiu numerosos artigos e impartido comunicacións sobre a relación entre o desenvolvemento sustentable de cidades e territorios, a saúde, a actividade física e o deporte. É autor do blog “ Economía en chándal”.

Desde finais dos anos 80 viuse o turismo deportivo como unha grande oportunidade de impulso económico para xerar novos produtos e servizos no sector turísticos, para desestacionalizar o turismo naquelas zonas con importantes infraestruturas que ven como apenas ten ocupación fora dos meses de tempada alta ou oportunidades para o desenvolvemento de áreas rurais deprimidas por unha forte dependencia do sector primario.

Sen embargo, e moi importante ter en conta que se trata dunha actividade fortemente conectada co territorio no que se desenvolve, o que supón certos riscos para a non sustentabilidade do modelo. Esta conexión obríganos a pensar en catro dimensións básicas sobre as que desenvolver a estratexia de turismo deportivo: a económica, a ecolóxica, a social e a territorial/urbana.