Joaquín Gómez Varela

Profesor de Actividade Física no Medio Natural, Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física - Universidade da Coruña
Formación, titulación e regulación dos profesionais das actividades físicas no medio natural
Profesor titular na Universidade da Coruña, Facultade de Ciencias do Deporte, impartindo a asignatura Actividade Física no Medio Natural, no grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Profesor colaborador no Master de Dirección de Actividades Educativas na Natureza da USC, Master Oficial en Dirección e Planificación do Turismo da UDC, e o Master Desporto de Natureza do Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Experiencia docente na formación de técnicos deportivos da Federación Galega de Surf, actividades formativas da Escola Galega de Alta Montaña, e a formación de titulados en Tempo Libre da Escola de Tempo Libre A.D. INEF Galicia.

Na actualidade a práctica e demanda das actividades físicas no medio natural teñen experimentado un incremento notable; cada vez son máis as persoas interesadas en participar nas múltiples alternativas de turismo activo, deportes na natureza, actividades recreativas no medio natural, actividades formativas relacionadas, etc. De igual modo, a conciencia sobre as súas competencias e limitacións, promove que se soliciten profesionais que permitan levalas á práctica con garantías de calidade, seguridade e sustentabilidade. Hoxe existen diferentes formacións e titulacións que capacitan para este labor, xa sexa no ámbito universitario, formación profesional de grao superior e media, titulacións de técnicos deportivos, certificados de profesionalidade, actividades de tempo libre, etc. Esta ponencia pretender presentar as características das mismas, a súa relación coas diferentes contornas de intervención, así como a súa presenza nas regulacións que afectan ao seu labor profesional.