Javier Ruiz de Cortazar Díaz

Presidente de ASNAUGA – Asociación de Náuticos de Galicia.
Travesía Náutica Xacobea.

Licenciado en Ciencias do Traballo, Diplomado en Relacións Laborais, Diplomado en Dereito Fiscal da Empresa, Master en Prevención de Riscos Laborais e en Xestión para PEMES. É consultor e profesor de distintos Master Universitarios en Recursos Humanos e Organización. Desenvolveu unha gran parte da súa vida profesional como Director de Recursos Humanos en varias empresas Galegas, tanto do sector Público como privado.

Pertence a varias asociacións profesionais do ámbito laboral e publicou dous libros sobre Recursos Humanos.

En canto á Náutica é Presidente da Asociación de Clubs Náuticos de Galicia ( ASNAUGA) desde 2006, e do Club Náutico de Portonovo desde 2001. Tamén é membro do Consello de Administración de Portos de Galicia, da Xunta directiva da Confederación de Clubs Náuticos de España ( CECNA).

Representante a Nivel Nacional de ANEN e CEACNA en asuntos Laborais. Foi membro da Xunta directiva da Agrupación industrial de Turismo de Galicia. Participou na redacción das normativas Autonómicas e estatais relacionadas coa Náutica e portos deportivos nos últimos 10 anos. A Travesía Náutica Xacobea.- Situación da Náutica en Galicia, cales son os obxectivos da Travesía Náutica Xacobea. A potenciación do Camiño Xacobeo por mar, como forma de realizar unha experiencia tanto náutica, relixiosa e turística, combinada coas tradicións, cultura e gastronomía da costa.

A Travesía Náutica Xacobea é a opción de realizar o Camiño de Santiago dunha maneira distinta, por mar, e de conseguir a Certificación do Peregrino, combinando navegación e roteiro terrestre.