Jaime Agulló Sueiro

Pontevedra é unha cidade referente nacional na organización de eventos deportivo de alto nivel, tanto nacionais como internacionais. A aposta do Concello por organizar grandes eventos xerou un gran impacto económico no sector servizos da cidade do Lérez.
A súa capacidade de organización técnica e loxística, xunto á disposición de axeitados espazos e instalacións deportivas, entre as que destaca o Centro Galego de Técnificación Deportiva, lograron crear unha marca de cidade ligada ao turismo deportivo. Esta aposta decidida polo desenvolvemento turístico e a promoción do deporte e os hábitos de vida saudables, sitúan a Pontevedra na vangarda do desenvolvemento das sinerxias entre o turismo e o deporte.
O Deporte e o Turismo son neste caso economía, polo que debemos esforzarnos por entender e unir estes dous conceptos para mellorar a calidade da vida dos nosos veciños e dos nosos deportistas.
O Concello de Pontevedra achegará unha elemental visión do seu traballo específico desde hai máis de 10 anos para coordinar e desenvolver eventos deportivos internacionais, estales, autonómicos e locais e xerar así unha cultura na práctica da actividade física e deporte entre os seus cidadáns, e apoiar a creación de emprego e riqueza en toda a súa comarca que compense as molestias cidadás ocasionadas e que xere valor social e económico ao deporte e á cidade.
Unha aposta aproveitando as mellores infraestruturas posibles tanto de acollida, como deportivas, e unhas estruturas humanas forxadas en anos de convivencia crecendo e aprendendo xuntos na organización de eventos deportivos.