Jacobo Suárez Vilela

Goodlife Consultores
Goodlife Consultores. Oficina Técnica. Axencia de Turismo de Galicia.
PROTOCOLOS E RECOMENDACIÓNS COVID-19 Certificado Galicia Destino Seguro en Turismo Activo.

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, e Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos turísticos, ambas as dúas titulacións na Universidade da Coruña. Cursos de doutoramento na Universidade de Vigo, onde foi profesor asociado.

20 anos de experiencia na dirección de proxectos na Administración pública, e na redacción de leis e decretos nos ámbitos turístico e deportivo. Consultor senior experto en turismo deportivo, con máis de 40 proxectos realizados. Experiencia na elaboración de plans estratéxicos, creación de produto e xestión de destinos turísticos, así como na mellora da competitividade sectorial.

Foi deportista de alto nivel e é un apaixonado do deporte na natureza. Convencido, ademais, do seu enorme potencial para mellorar a vida das persoas: a través da súa práctica como hábito de vida saudable, pero tamén polas oportunidades que xera para o desenvolvemento de proxectos profesionais, principalmente nas zonas rurais.

CERTIFICADO GALICIA DESTINO SEGURO EN TURISMO ACTIVO.

O Programa Galicia Destino Seguro. Turismo Activo é un programa coordinado pola Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza ( AGETAN), desenvolvido como oficina técnica por Goodlife Consultores, e posto en marcha baixo o “Convenio de colaboración entre a Axencia de turismo de Galicia e AGETAN para a implementación da Medida 24 incluída no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19”, que presta asesoramento e certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que ofrecen os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene fronte á COVID-19.

Para iso definiuse un manual de turismo activo adaptado a cada unha das diferentes especialidades ofertadas polas empresas de Galicia, no que se establecen os protocolos necesarios para garantir a seguridade na prestación dos servizos por parte das empresas de turismo activo, así como un servizo de asesoramento para a súa implantación.