Iñigo Uriarte

Iñigo Uriarte
Responsable de colaboración público – privada e desenvolvemento territorial en Basquetour, Departamento de turismo do Goberno Vasco.
Colaboración público – privada na costa vasca: Surfing Euskadi
Licenciado en Publicidade y Relacións Públicas. Creativo, redactor de publicidade e asesor estratéxico. Xestor do destino BIZKAIA COSTA VASCA (2003-2007). En Basquetour desde 2007, implantando o modelo de gobernabilidade turística de Euskadi. No plan director de turismo da costa vasca desenvolveuse, entre outros, o club de produto Surfing Euskadi.

A planificación do territorio pasa por unha previa conceptualización consensuada, tanto pola sociedade que o habita como polos sectores económicos que actúan sobre este espazo.

Numerosos elementos fan dela un exercicio difícil, e máis aínda en zonas litorais, que sofren unha elevada presión antrópica e se utilizan para diversas actividades. A presenza de múltiples axentes con competencias, a existencia de espazos con figuras de protección e regulacións concretas, e o tratamento particular da totalidade de elementos participantes na cadea de valor turística requiren de un acordo amplo de todos os axentes implicados.

No proceso de xestión turística integral que o Goberno Vasco esta a implantar no destino Costa Vasca non é senón a implantación do Plan Director de Turismo da Costa Vasca, traballo que tiña como fin obter o acordo antes mencionado, e conceptuar a planificación no litoral vasco. O seu fin era elaborar estratexias de desenvolvemento social, económico, cultural e medioambiental ao longo da costa, e permitir o nacemento de iniciativas e proxectos turísticos como Surfing Euskadi, facendo do turismo unha ferramenta compatible co resto de actividades económicas existentes e co medio ambiente.

https://turismo.euskadi.eus/costa-vasca