Guti Martín Hermida

Oficina Técnica. Axencia de Turismo de Galicia.
Director da Oficina Técnica de Turismo de Galicia responsable da Rede BTT Galicia e o proxecto EuroVelo.
TURISMO ACTIVO. CICLOTURISMO. Cicloturismo: Rede EuroVelo.

Guti Martín Hermida, director de proxectos da empresa Sherpa Project Consultoría e Enxeñería desde o 2008, é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC e Master MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Na actualidade é o director da Oficina Técnica de Turismo de Galicia responsable da Rede BTT Galicia e o proxecto EuroVelo. Conta cunha gran experiencia na consultoría estratéxica aplicada á xestión turística tanto desde a administración pública mediante a posta en marcha de estratexias de activación de destinos así como o apoio a empresas turísticas co obxectivo de mellorar o seu posicionamento, captación dun maior volume de facturación e a posta en marcha de novos servizos turísticos. Dentro da consultoría está especializado en turismo e márketing para posicionamiento e creación de produtos en destinos turísticos. Conta cunha amplía experiencia na organización de eventos e proxectos deportivos a nivel nacional e internacional destacando colaboracións coa Copa do Mundo de Esquí, Copa do Mundo de Mountain Bike, O Marisquiño e Trans- Nomad, entre outros. Considérase un profesional práctico e obxectivo cunha ampla visión do sector e coñecemento dun gran número de experiencias aplicables no sector turístico de Galicia.

Na súa traxectoria profesional vinculada ao turismo deportivo e de natureza colaborou na posta en marcha do proxecto de surf de Nazaré- Praia do Norte así como no lanzamento do proxecto Centros BTT Galicia, EuroVelo Galicia e Experiencias en Parques Naturais de Galicia. Na actualidade colabora co programa de Camiños naturais na mellora da ciclabilidad do conxunto da rede a nivel nacional. Experto en modalidades deportivas vinculadas ao turismo como o ciclismo, sendeirismo, trail running, escalada, surf, windsurf e kitesurf, entre outras. Nos últimos anos asesorou a empresas turísticas como Feel Viana ( https:// feelviana. com/) , Aloia Nature ( https://www.aloianaturealojamientos.es/), Caldaria ( https://www.caldaria.es/), Aviva Outdoor Sport Center ( https:// avivacenter. com/), entre outras. Nos últimos meses do presente ano foi seleccionado como un dos consultores turísticos que estaña asesorando a empresas do sector turístico no proxecto TURISMO100X100 liderado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia.