Eduardo Blanco Pereira

Presidente da Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE).
Deporte e turismo: una relación en denvolvemento.

Licenciado en Educación Física polo INEF da Universidade Politécnica de Madrid e Doutor en Dereito pola Universidade de Lleida.

Profesor xubilado da Facultade de Ciencias do Deporte e a EF, e do Máster oficial de Turismo da UDC.
Foi Tenente de Alcalde da Coruña, e concelleiro delegado de Deportes e Turismo, ademais de ser presidente executivo durante 8 anos do Teresa Herrera de Fútbol. E Director Xeral do Consello Superior de Deportes.
Actualmente é presidente de FAGDE (Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España) e de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva).

Realizou diversos traballos de planificación e informes en materia deportiva para distintas institucións como o Gobierno de Canarias (1996), Junta de Andalucía (1998), Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (1999) e Junta de Extremadura (2001), ademais de participar na elaboración da relatorio “Turismo, servizos e comercio”, no marco do Estudo Galicia 2010.

RELATORIO. – Deporte e Turismo: unha relación en desenvolvemento.

Este relatorio trata de identificar a xénese do Turismo Deportivo e o desenvolvemento e das súas manifestacións que evolucionan nunha progresiva diversificación de produtos e/ou destinos turísticos, como é o denominado “Termalismo Deportivo”.
Destacar que, na ordenación xurídica do Turismo, regúlase o turismo activo, que vén xerando certa confusión respecto ao Turismo Deportivo, posiblemente pola verdadeira selva semántica que acompaña este fenómeno social.