David Pérez Araújo

CONCELLO DE PONTEVEDRA
Técnico de deportes do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra.
Pontevedra, cidade sede de eventos internacionais.
22 anos ao servizo do Concello de Pontevedra, traballando anteriormente na Secretaría xeral para ou deporte e no Consello Superior de Deportes. Desenvolve a súa labor como director de operacións na xestión de eventos deportivos no Concello de Pontevedra. Destaca a súa participación no Cto. do Mundo de Triatlon Multisport, Cto. do Mundo de Balonmán Junior, Cto. de Europa de Loita Olímpica, Cto. de Europa de Piragüismo Maratón, Cto. de Europa de Tríatlon Olímpico, A Volta Ciclista a España, Campionato de España de Ciclocrós, Cto. de España de Baloncesto Infantil, Cto. de España de Tenis de Mesa, Cto. de España de Taekwondo, Copa do Mundo de Esquí Alpino, Campionato de España de Raids de Aventura, Cto. de España de Orientación Deportiva, Volvo Ocean Race e Carreira San Silvestre de Pontevedra.

Pontevedra é unha cidade referente nacional na organización de eventos deportivo de alto nivel, tanto nacionais como internacionais. A aposta do  Concello por organizar grandes eventos xerou un gran impacto económico no sector servizos da cidade do Lérez.

A súa capacidade de organización técnica e loxística, xunto á disposición de adecuados espazos e instalacións deportivas, entre as que destaca o Centro  Galego de  Tecnificación Deportiva, lograron crear unha marca de cidade ligada ao turismo deportivo. Esta aposta decidida polo desenvolvemento turístico e a promoción do deporte e os hábitos de vida saudables, sitúan a Pontevedra na vangarda do desenvolvemento das sinerxías entre o turismo e o deporte.

O Deporte e o Turismo son neste caso economía, polo que debemos esforzarnos por entender e unir estes dous conceptos para mellorar a calidade da vida dos nosos veciños e dos nosos deportistas.

O  Concello de Pontevedra achegará unha elemental visión do seu traballo específico desde hai máis de 10 anos para coordinar e desenvolver eventos deportivos internacionais,  estales, autonómicos e locais e xerar así unha cultura na práctica da actividade física e deporte entre os seus cidadáns, e apoiar a creación de emprego e riqueza en toda a súa comarca que compense as molestias cidadás ocasionadas e que xere valor social e económico ao deporte e á cidade.

Unha aposta aproveitando as mellores infraestruturas posibles tanto de acollida, como deportivas, e unhas estruturas humanas forxadas en anos de convivencia crecendo e aprendendo xuntos na organización de eventos deportivos.