Cesáreo González Pardal

Clúster de turismo de Galicia
Presidente Clúster de turismo de Galicia.
GALICIA DESTINO ACTIVO: colaboración do sector privado na creación de produto e comercialización do turismo activo.
Presidente do Clúster de turismo de Galicia e da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur). Empresario do sector turístico. Anteriormente traballou na Administración Pública, concretamente na Consellería de agricultura e a Dirección xeral de transporte. Tamén, fundou e dirixiu diferentes empresas relacionadas coa hostelería, sector inmobiliario e construcción, entre outras actividades relacionadas co turismo.

GALICIA DESTINO ACTIVO é a marca de referencia de promoción do turismo activo de Galicia. Nace en 2015 a partir do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia, e dende ese momento está activando a promoción deste sector en mercados exteriores a través da creación de sinerxías entre as empresas turísticas galegas. Ao abeiro deste proxecto téñense desenvolvido diferentes actuacións en prol da mellora da competitividade do sector e tamén da promoción de Galicia como destino de turismo activo. Entre as actuacións realizadas destaca a creación de 11 produtos participados por 70 empresas de toda a cadea de valor do turismo de Galicia.

Estes produtos están recollidos na web www.galiciadestinoactivo.com, e na App (en Android e IOS) Galicia Destino Activo.