Bruno Gago Torrado

Director Técnico da Real Federación Galega de Vela.
O Centro Galego de Vela como punto de adestramento de deportistas de alto nivel.

Director Técnico da Real Federación Galega de Vela e Director do Centro Galego de Vela.

Técnico Deportivo Superior en Vela, MBA Dirección Deportiva, Adestrador Nacional de Clases Dobres. Numerosos títulos nacionais e internacionais como técnico.

Director técnico do a RFGV e do CGV desde 2015, implantación do Programa de Tecnificación Xuvenil CGV- CGTD.

A ponencia centrarase no Centro Galego de Vela, como instalación e nas actividades que se realizan nel.