António João Rascão Marques

Centro de adestramento de remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño. Grupo Caldaria.
Director deportivo CERLAC-Caldaria.
Cerlac-Caldaria: turismo deportivo profesional e de lecer.
Presidente da Federação Portuguesa de Remo 2005-2012, adestrador do equipo nacional de remo de Portugal. Presidente da Mesa do Congresso da Confederação Eeuropeia de Remo. Vicepresidente do comité executivo da Confederação Europeia de Remo. Vicepresidente do comité executivo da Confederación Iberoamericana. Membro do comité executivo dos Jogos Náuticos do Atlântico.

Esta ponencia centrarase en como foi evolucionando o CERLAC (Centro de adestramento de remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño), a súa importancia para o Grupo Caldaria, sectores e axentes afíns.

O CERLAC é un exemplo que pode ser empregado noutros deportes. Ademais analizaranse as súas necesidades, o público obxectivo, a relevancia deste centro no chamado TURISMO DEPORTIVO PROFESIONAL, e como pode servir para a implementación do TURISMO DEPORTIVO DE LECER, na provincia de Ourense.