Juan Antonio Carreño

Juan Antonio CarreñonClemente
Profesor na “Escuela Universitaria de Turismo de Lanzarote” (Universidad de las Palmas de Gran Canaria)
Impacto da organización de eventos deportivos en Canarias sobre a actividade turística: o Ironman de Lanzarote
Doutor en Educación Física. Máster en Xestión e Dirección de Organizacións Deportivas. Profesor da EUTL nas materias relacionadas co turismo deportivo. Profesor do Máster Internacional de turismo da ULPGC. Organizador do “Ocean Lava Fuerteventura” e de “Famara Total”. Deportista de probas de resistencia entre as que se atopa o Ironman de Lanzarote, TRANSGRANCANARIA 360, PTL e TRANSVULCANIA entre outras. Publicacións relacionadas coa xestión e explotación de produtos deportivos no sector turístico.

Lanzarote recibiu durante 2018 un total de 2.915.727 turistas estranxeiros e nacionais, que realizaron un gasto medio diario no destino que se sitúa ao redor dos 35,71 euros. Neste sentido, un 7,5% dos turistas que visitaron Lanzarote fixérono por motivos deportivos; en concreto, un 3,6% pola oferta de turismo activo, un 1,7% por actividades náuticas, o 0,4% polo golf e un 1,8% por outra oferta deportiva. En cifras absolutas, foron 175.405 as persoas turistas que viaxaron a Lanzarote por motivos deportivos en 2018.

Así, os eventos deportivos, e a súa análisis, preséntanse como fórmulas importantes á hora de falar de oferta recreativa e deportiva nun destino turístico.

Se analizamos detalladamente aos participantes e público no Ironman de Lanzarote, así como la valoración que fan dos servizos e características do evento, observamos que debuxan un claro perfil de consumidores deste produto. Segue sendo preciso que as políticas xerais dedicadas ao turismo deportivo -concretamente aos eventos de gran calado internacional- continúen executándose e evolucionando como elementos claves na competitividade de destinos turísticos consolidados, como é o caso de Lanzarote.